As leis de Celavella

Ficha de As leis de Celavella

Un avogado metido a detective conta nas súas pesquisas coa axuda do fantasma que lle ocupou o despacho. Esta serie detectivesca ambientada arredor de 1925 na ficticia localidade galega de Celavella, comeza cando Pablo Veiga volta á súa casa, despois de oito anos de estudos e de troula en Santiago. Atópase co espírito de Belisario, un home executado anos atrás, acusado dun asasinato. Nunha vila de tres mil habitantes como Celavella todo o mundo se coñece e todo se sabe. Belisario non descansará en paz até que o seu caso se resolva e Pablo non parará até descubrir a verdade.